quarta-feira, 27 de maio de 2009

Tino Baz e Xurxo González presentarán a´Os señores do vento no corazón da Coruña


O vindeiro venres, ás 20h30 da noite, na Casa das Atochas da cidade da Coruña vai ter lugar unha actividade cultural con plena identidade guardesa. A capital herculina vai ser testemuña dun espectáculo interdisciplinar que xirará en torno a figura d´Os señores do vento”. Vídeo e música misturaránse nun espectáculo multidisciplinar que terá como fondo a idiosincrasia guardesa.

O acto consistirá na presentación da famosa curtametraxe “Os señores do vento”, de Xurxo González, o pase da mesma e a estrea da canción composta por Tino Baz sobre os seus protagonistas. Despois dunha pequena conversa sobre o Chacurro e o José María darase paso ao concerto de Tino Baz no que haberá sorpresas audiovisuais apoiando algunhas das súas composicións.

Unha vez máis a produción cultural guardesa manifesta a súa capacidade e variedade creativa con temáticas que sobrepasan localismos e que son capaz de proxectarse alén do Terroso.

quarta-feira, 20 de maio de 2009

Este fin de semana ´Os señores do vento´ en Cans (Porriño) e Huarte (Navarra)

Este sábado coinciden dous pases d´Os señores do vento, curtametraxe Xurxo González, un na VI edición do Festival de Cans do Porriño e outro na Fundación Buldaín na cidade navarra de Huarte. Ao Chacurro e ao José María volverán a facer sorrir e a deixar perplexos ao público destas sesións coa súa arte de botellas movidas polo vento.

A primeira acontecerá no Jalpón Friki do Festival de Cans, onde a técnica para controlar o vento do Chacurro e o José María atopará moitos adeptos que, despois, de seguro, imitarán nas súas casas e nas leiras.

A segunda proxección terá lugar na Fundación Buldaín nunhas xornadas sobre a paisaxe e onte tamén se proxectarás os filmes gañadores do Filminho 2009 (París #1, de Oliver Laxe e O Cazador , de Ángel Santos).

Mas, as voltas d´Os Señores do vento non fican aquí. O día 29 de maio vai ter lugar na Casa das Atochas da Coruña un concerto de Tino Baz no que estreará unha peza dedicada aos insignies veciños da Guarda e no que se proxectará tamén o filme e haberá unha conversa entre director e cineasta sobre aspectos da idiosincrasia dos guardeses.