terça-feira, 28 de abril de 2009

O filme gañador do Filminho 2008 xa se pode ver en internet

´O cazador´. de Ángel Santos xa se poder ver na súa totalidade en internet. O Filme conseguir dúas distincións no Filminho: o Premio Cinema Minhoto e o Grande Premio Filminho. Esta curtametraxe é unha especial adaptación do relato de Chejov.

terça-feira, 21 de abril de 2009

IIIª MOSTRA DE TEATRO AMADOR DO MINHO

Nos últimos tempos, o mes de abril e o teatro afeccionado son sinónimos nas terras baixomiñotas pois ven sendo por estas datas que se celebra a festa que reúne a grupos teatrais non profesionais e a amantes do teatro das dúas beiras do Miño.

A IIIª Mostra de Teatro non profesional do Miño xá está en marcha... e será celebrada durante os días 24, 25 e 26 de abril nas vilas da Guarda e Goián (Tomiño). Ao longo destes días serán representadas as 6 pezas que foron seleccionadas polo Xurado da Mostra de entre os máis de 30 traballos apresentados a concurso por grupos teatrais galego-portugueses.

Este evento xurdiu co obxetivo de se converter en plataforma que permitise a grupos teatrais non profesionais de Galiza e Portugal (ou calquera outro lugar da Lusofonia) ampliar o circuito de representacións, infelizmente tan reducido e limitado ao ámbito máis local. Esta mostra premia os mellores traballos apresentados, pero por riba de todo homenaxea o esforzo e a ilusión de millares de persoas que dedican boa parte do seu tempo e paixón ao mundo do teatro. A cantidade e calidade das obras presentadas nestes anos, así como o número de público que acode a cada sesión da Mostra, só pon de claro manifesto a boa saúde e vitalidade da que o teatro afeccionado goza a ambos lados da Raia.

Polo tanto, estes serán días de encontro para os amantes do teatro -xa sexa no palco como na platea- chegados de calquera punto de Galiza e de Portugal. Unha vez máis a arte circulará de maneira libre axudando a derrubar vellas e ríxidas fronteiras (as máis resistentes sempre son as mentais). O teatro como grandiosa ferramenta de expresión e de diálogo é capaz de producir este riquísimo contexto de cominicación e troca socio-cultural no que galegos e portugueses podemos coñecérmonos aínda máis, conseguindo ver no outro a boa parte de nós mesmos.

quinta-feira, 16 de abril de 2009

PROGRAMACIÓN DA MOSTRA DE TEATRO AMADOR DO MIÑO


DIA 23 DE ABRIL (XOVES-5ª FEIRA)



20:30 - IES da Sangriña (A Guarda)

-Acto de Inauguración.


DIA 24 DE ABRIL (VENRES - 6ª FEIRA)


20:30 - Auditorio Municipal de Goián (Tomiño):


- Dormes?. IES Manuel García Barros (A Estrada)


22:00 – IES da Sangriña (A Guarda)


-Conversas na cuneta mentras a vida pasa alá fora. O Trasno Novo Teatro (Vigo)

DIA 25 DE ABRIL (SÁBADO)
20:30 - IES da Sangriña (A Guarda):
- Ponte da Lima em Festa. Associação Cultural Unhas do Diabo. (Ponte da Lima)
22:30 - Auditorio Municipal de Goián (Tomiño):
- A magia da inocência. Associaço Cultural e Recreativa de Arcozelo. (Ponte da Lima)
DIA 26 DE ABRIL (DOMINGO)
18:00 - IES da Sangriña (A Guarda):
-Adeus Kantor. Asociación Teatral Paso de Valverde (A Coruña)
20:00 - Auditorio Municipal de Goián (Tomiño):
-Auto da Hibris. Associaçao Juvenil de Deão (Viana do Castelo) & Lohengrin Teatro (Vigo)
21:30:
- Premio do público e peche.

domingo, 12 de abril de 2009

Filminho 2009!

.
Vídeo de lançamento e primeiro olhar para a imagem da nova edição
.
.

terça-feira, 7 de abril de 2009

´36/75´ un proxecto de documental experimental de Xurxo González



Depois d´Os señores do vento´ Xurxo González fai un xiro rotundo na súa traxectoria e aborda a temática da memoria histórica na Guarda. Un proxecto co que se quere limpar as telas de arañas e o polvo do paso do tempo e volver a mirada cara os lugares esquecidos de grande significación durante os primeiros días da Guerra Civil na Guarda. Un filme influenciado directamente polo cineasta americano James Benning. Polo tanto atopámonos ante un documental contemplativo e matemático onde os números do título transcenden o seu significado máis obvio.
Segundo o autor: ”Isto é un bosquexo do que está por vir... Unha reflexión sobre a memoria histórica, sobre o presente, sobre o pasado, sobre a capacidade de recordar ou de esquecer, sobre a capacidade de sentir a angustia duns tempos difíciles, unha homenaxe, uns espazos, unhas duracións, uns números, unhas alusións, unha documentacións, unhas reflexións, unhas topografías... Un achegamento sobre os espazos do presente na Guarda e dos que ninguén se lembra por estar asulagados polo río do non-coñecemento”.
Xurxo González continúa: "Sei que pode ser un proxecto polémico mais todo vai estar moi contrastado e intentarase aportar o maior número de matices. Un proxecto no que colaboraran estudiosos locais como J.A. Uris Guisantes e Luis Cividanes".
A estrea de "36/75" está prevista para unha data con bastante significado como é o 18de xullo. Cun pouco de sorte poderase ver por primeira vez no Filminho!

quarta-feira, 1 de abril de 2009

Reportaxe sobre ´Os señores do vento´ no programa Onda Curta da Galega


E así foi como viñeron uns individuos da Televisión Galega interesados na actividade artística duns vellotes da Guarda e que un veciño gravou coa súa cámara. Aquí, con esta nova, preséntase o extracto do programa que se emitiu o pasado domingo, día 29 de marzo pola noite.
Xurxo González comenta: “Con este feito demóstrase que hai que saber apreciar as cousas pequenas, que hai que interesarse polo que se fai no lugar onde vives e que, as veces, co simple respecto sobre o distinto pode suministrar unha chea de aportes: sociais, artísticos, estéticos, personais, contemplativos,… A Guarda ten que deixar de ver fora o que ten dentro dela”.