Nos últimos tempos, o mes de abril e o teatro afeccionado son sinónimos nas terras baixomiñotas pois ven sendo por estas datas que se celebra a festa que reúne a grupos teatrais non profesionais e a amantes do teatro das dúas beiras do Miño.
A IIIª Mostra de Teatro non profesional do Miño xá está en marcha... e será celebrada durante os días 24, 25 e 26 de abril nas vilas da Guarda e Goián (Tomiño). Ao longo destes días serán representadas as 6 pezas que foron seleccionadas polo Xurado da Mostra de entre os máis de 30 traballos apresentados a concurso por grupos teatrais galego-portugueses.
Este evento xurdiu co obxetivo de se converter en plataforma que permitise a grupos teatrais non profesionais de Galiza e Portugal (ou calquera outro lugar da Lusofonia) ampliar o circuito de representacións, infelizmente tan reducido e limitado ao ámbito máis local. Esta mostra premia os mellores traballos apresentados, pero por riba de todo homenaxea o esforzo e a ilusión de millares de persoas que dedican boa parte do seu tempo e paixón ao mundo do teatro. A cantidade e calidade das obras presentadas nestes anos, así como o número de público que acode a cada sesión da Mostra, só pon de claro manifesto a boa saúde e vitalidade da que o teatro afeccionado goza a ambos lados da Raia.
Polo tanto, estes serán días de encontro para os amantes do teatro -xa sexa no palco como na platea- chegados de calquera punto de Galiza e de Portugal. Unha vez máis a arte circulará de maneira libre axudando a derrubar vellas e ríxidas fronteiras (as máis resistentes sempre son as mentais). O teatro como grandiosa ferramenta de expresión e de diálogo é capaz de producir este riquísimo contexto de cominicación e troca socio-cultural no que galegos e portugueses podemos coñecérmonos aínda máis, conseguindo ver no outro a boa parte de nós mesmos.
Mostrar mensagens com a etiqueta a guarda. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta a guarda. Mostrar todas as mensagens
terça-feira, 21 de abril de 2009
quinta-feira, 16 de abril de 2009
PROGRAMACIÓN DA MOSTRA DE TEATRO AMADOR DO MIÑO
DIA 23 DE ABRIL (XOVES-5ª FEIRA)
20:30 - IES da Sangriña (A Guarda)
-Acto de Inauguración.
DIA 24 DE ABRIL (VENRES - 6ª FEIRA)
20:30 - Auditorio Municipal de Goián (Tomiño):
- Dormes?. IES Manuel García Barros (A Estrada)
22:00 – IES da Sangriña (A Guarda)
-Conversas na cuneta mentras a vida pasa alá fora. O Trasno Novo Teatro (Vigo)
DIA 25 DE ABRIL (SÁBADO)
20:30 - IES da Sangriña (A Guarda):
- Ponte da Lima em Festa. Associação Cultural Unhas do Diabo. (Ponte da Lima)
22:30 - Auditorio Municipal de Goián (Tomiño):
- A magia da inocência. Associaço Cultural e Recreativa de Arcozelo. (Ponte da Lima)
DIA 26 DE ABRIL (DOMINGO)
18:00 - IES da Sangriña (A Guarda):
-Adeus Kantor. Asociación Teatral Paso de Valverde (A Coruña)
20:00 - Auditorio Municipal de Goián (Tomiño):
-Auto da Hibris. Associaçao Juvenil de Deão (Viana do Castelo) & Lohengrin Teatro (Vigo)
21:30:
- Premio do público e peche.
terça-feira, 7 de abril de 2009
´36/75´ un proxecto de documental experimental de Xurxo González
Depois d´Os señores do vento´ Xurxo González fai un xiro rotundo na súa traxectoria e aborda a temática da memoria histórica na Guarda. Un proxecto co que se quere limpar as telas de arañas e o polvo do paso do tempo e volver a mirada cara os lugares esquecidos de grande significación durante os primeiros días da Guerra Civil na Guarda. Un filme influenciado directamente polo cineasta americano James Benning. Polo tanto atopámonos ante un documental contemplativo e matemático onde os números do título transcenden o seu significado máis obvio.
Segundo o autor: ”Isto é un bosquexo do que está por vir... Unha reflexión sobre a memoria histórica, sobre o presente, sobre o pasado, sobre a capacidade de recordar ou de esquecer, sobre a capacidade de sentir a angustia duns tempos difíciles, unha homenaxe, uns espazos, unhas duracións, uns números, unhas alusións, unha documentacións, unhas reflexións, unhas topografías... Un achegamento sobre os espazos do presente na Guarda e dos que ninguén se lembra por estar asulagados polo río do non-coñecemento”.
Xurxo González continúa: "Sei que pode ser un proxecto polémico mais todo vai estar moi contrastado e intentarase aportar o maior número de matices. Un proxecto no que colaboraran estudiosos locais como J.A. Uris Guisantes e Luis Cividanes".
A estrea de "36/75" está prevista para unha data con bastante significado como é o 18de xullo. Cun pouco de sorte poderase ver por primeira vez no Filminho!
Etiquetas:
a guarda,
Benning,
filminho,
Guerra Civil,
memoria,
Os señores do vento
quarta-feira, 28 de janeiro de 2009
Fotos do Hortensia ao seu paso pola Guarda

Fai uns días pasou a tormenta extra-tropical Klaus. Os datos científicos (climatolóxicos) din que foi máis potente que o Hortensia, un furacán vido a menos que asolou Galiza fai máis de vintecinco anos.
Volmemos a vista atrás... Para min sempre terei no recordo as imaxes do Hortensia. O seu poder destructivo foi maior mais esta circunstancia, sobre todo, foi debido as deficiencias das infraestructuras de entón. Mais tamén pola mentalidade fervente dun adolescente que contemplou, ao lado do fotógrafo, a inmensidade e a agresividade dun fenómeno da natureza. O home comprendeu a súa insinificancia!
Mais nestas fotos hai sedimentos da memoria, da incerteza, dos ventos bestiais, das ondas de máis de 9 metros, da auga entrando por portas e fiestras das casas...
O Hortensia ficou na memoria o Klaus será un máis que engrosará listaxes máis que pasará sen pena nin gloria polo noroeste peninsular.
sexta-feira, 11 de janeiro de 2008
´Viagem ao Príncípio do Mundo´ (1997): o filme minhoto de Manoel de Oliveira

Cando entramos de cheo na celebración do Ano Oliveriano en Portugal convén destacar que o Mestre é o grande cineasta minhoto por excelencia. Neste filme recupera parte das súas lembranzas de convivio co río:
Secuencia II. Vense imaxes da cegada do coche á cidade de Caminha. Dan unha volta polas súas rúas e paran na ribeira do Miño.
(Desde a parte traseira vese como se achega un coche por unha ampla e recta estrada a unha cidade que se atopa preto dun río. A carón hai un baluarte dunha fortaleza. Nas súas proximidades para o coche e os seus ocupantes saen a dar un paseo. Manoel con Afonso, Judite, e Duarte chegan ata o límite do baluarte para mirar a outra beira do rio)
MANOEL: O Colègio é aquele. Ali, em frente a Caminha, estas a ver Afonso?. Alem, entre o caserio.
DUARTE: É muito longe…
(Desde atrás, ao grupo protagonistas achégaselle o conductor do coche. Ao fondo está a ribeira galega do rio Miño, coa silueta inconfundible do Monte Santa Trega)
DUARTE: O río é longuíssimo…
(Duarte fala co conductor e este vai cara o coche. Do guardaluvas do coche, o conductor saca uns prismáticos. Manoel, Judite, Duarte e Afonso están de costas. Achégase a eles o conductor e dalles os prismáticos. Duarte mira polos anteollos a outra beira do río)
DUARTE: Agora sim, vejo perfectamente. O edificio de très torres. É esse?
MANOEL: Exactamente. Ali estiven interno… Très ou catro anos. Acordábamos todos os días as seis da manha. O frio era de rachar, e fichábamos com as m4aos cheias de frieiras. Teria os meus 10 ou 11 anos. Puseram-me na terceira divissaão, que era a dos mais novos e o meu irmão Casimiro, mais vlho do que eu, cerca de ano e medio, ficou na segunda divissão. Os irmãos en divissãos separadas só se veiam aos domingos, conversavam por uma hora apenas circulando no claustro. Chamáva-se Colégio de La Pasaje (sic.) por ser por alí a passagem para La Guardia (sic.). Eram os jesuitas do antigo Colègio de Campolide. Expulsos pela República.
(…)
MANOEL: Este é o rio Minho que nos separa de Espanha.
(Unha embarcación deportiva de remo navega por diante deles)
MANOEL: E muito mais largo que o meu! E tenebroso…
JUDITE: Tenebroso? Eu vejo-o calmo.
MANOEL: Agora parece calmo! Mas nos días sombrios do inverno sempre que voltávamos despois do Natal. O rio metia medo. Diante da barca, as áugas encapelavam-se como no mar… Era uma barca negra que nos levava para a outra margen. Afocinhava a proa nas ondas, e a min, míudo que era, parecia que nos ia a engulir a todos.

Subscrever:
Mensagens (Atom)