quarta-feira, 28 de janeiro de 2009

Fotos do Hortensia ao seu paso pola Guarda





Fai uns días pasou a tormenta extra-tropical Klaus. Os datos científicos (climatolóxicos) din que foi máis potente que o Hortensia, un furacán vido a menos que asolou Galiza fai máis de vintecinco anos.
Volmemos a vista atrás... Para min sempre terei no recordo as imaxes do Hortensia. O seu poder destructivo foi maior mais esta circunstancia, sobre todo, foi debido as deficiencias das infraestructuras de entón. Mais tamén pola mentalidade fervente dun adolescente que contemplou, ao lado do fotógrafo, a inmensidade e a agresividade dun fenómeno da natureza. O home comprendeu a súa insinificancia!
Mais nestas fotos hai sedimentos da memoria, da incerteza, dos ventos bestiais, das ondas de máis de 9 metros, da auga entrando por portas e fiestras das casas...
O Hortensia ficou na memoria o Klaus será un máis que engrosará listaxes máis que pasará sen pena nin gloria polo noroeste peninsular.

2 comentários:

Alfonso Vicente Rey disse...

A memoria compartida. É certo, esa sensación de desacougo, de naufraxio, de palpitar case apocaliptico aínda perdura despois de tantos anos. Estas fotos reviven esas sensacións.

Anónimo disse...

Desplázate no tempo, e pensa no que quedará grabado no adolescente de hoxe, ¡e máis se vive no norte de Galiza e leva 6 días sen luz!
¿Non será que co Hortensia empezamos a poñer nome a estas cousas?