quinta-feira, 15 de janeiro de 2009
O clásico miñoto ´A romería da morte´, de Alberto Estévez Piña, en Flocos.tv
O pasado xullo no Filminho viu a luz a película ´A romería da morte´, do cineasta de Tui, Alberto Estévez Piña. Facía tempo que ficaba esquencida mais a película pasou polo programa de Memoria do Século XX da Consellaría de Cultura e Deporte e agora temos unha versión dixitalizada. Un patrimonio do que xa poden disfrutar todos os Galegos.
Apesares dos problemas de son Flocos.tv decidiuse a rescatar e por en coñecemento público esta peza fundamental na Historia do Cinema galego. Un filme que transcende a súa materialidade é posúe significados alén da súa contrucción fílmica.
No Filminho houbo unha presentación do Historiador do Cinema Julio Pérez Perucha, Presendente da Asociación Española de Historiadores del Cine, e nela relatou as distintas peculiaridades que agochaba a cinta. Situou o filme e á película no seu difícil contexto tanto político como artístico. Contou as peculiaridades da súa difícil concreción e tamén foi cronista do efecto causado nas súas distintas proxeccións en festivais.
N´A romería da morte´ atopamos un deses proxectos cinematográficos no que se enxerga das distintas peculiaridades locais para tratalas e albiscar conceptos cheos de significación. Mois poucas veces o audiovisual galego foi capaz de aprisionar con sentido o espíritu dun pobo e o dun tempo.
Grazas o labor de rescate de Flocos.tv todos os galegos poden disfrutar dunha das xoias do seu patrimonio audiovisual.
Toda Galicia está de parabéns!
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário