Mostrar mensagens com a etiqueta Miño. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Miño. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 16 de abril de 2009

PROGRAMACIÓN DA MOSTRA DE TEATRO AMADOR DO MIÑO


DIA 23 DE ABRIL (XOVES-5ª FEIRA)



20:30 - IES da Sangriña (A Guarda)

-Acto de Inauguración.


DIA 24 DE ABRIL (VENRES - 6ª FEIRA)


20:30 - Auditorio Municipal de Goián (Tomiño):


- Dormes?. IES Manuel García Barros (A Estrada)


22:00 – IES da Sangriña (A Guarda)


-Conversas na cuneta mentras a vida pasa alá fora. O Trasno Novo Teatro (Vigo)

DIA 25 DE ABRIL (SÁBADO)
20:30 - IES da Sangriña (A Guarda):
- Ponte da Lima em Festa. Associação Cultural Unhas do Diabo. (Ponte da Lima)
22:30 - Auditorio Municipal de Goián (Tomiño):
- A magia da inocência. Associaço Cultural e Recreativa de Arcozelo. (Ponte da Lima)
DIA 26 DE ABRIL (DOMINGO)
18:00 - IES da Sangriña (A Guarda):
-Adeus Kantor. Asociación Teatral Paso de Valverde (A Coruña)
20:00 - Auditorio Municipal de Goián (Tomiño):
-Auto da Hibris. Associaçao Juvenil de Deão (Viana do Castelo) & Lohengrin Teatro (Vigo)
21:30:
- Premio do público e peche.

quinta-feira, 15 de janeiro de 2009

O clásico miñoto ´A romería da morte´, de Alberto Estévez Piña, en Flocos.tv


O pasado xullo no Filminho viu a luz a película ´A romería da morte´, do cineasta de Tui, Alberto Estévez Piña. Facía tempo que ficaba esquencida mais a película pasou polo programa de Memoria do Século XX da Consellaría de Cultura e Deporte e agora temos unha versión dixitalizada. Un patrimonio do que xa poden disfrutar todos os Galegos.
Apesares dos problemas de son Flocos.tv decidiuse a rescatar e por en coñecemento público esta peza fundamental na Historia do Cinema galego. Un filme que transcende a súa materialidade é posúe significados alén da súa contrucción fílmica.
No Filminho houbo unha presentación do Historiador do Cinema Julio Pérez Perucha, Presendente da Asociación Española de Historiadores del Cine, e nela relatou as distintas peculiaridades que agochaba a cinta. Situou o filme e á película no seu difícil contexto tanto político como artístico. Contou as peculiaridades da súa difícil concreción e tamén foi cronista do efecto causado nas súas distintas proxeccións en festivais.
N´A romería da morte´ atopamos un deses proxectos cinematográficos no que se enxerga das distintas peculiaridades locais para tratalas e albiscar conceptos cheos de significación. Mois poucas veces o audiovisual galego foi capaz de aprisionar con sentido o espíritu dun pobo e o dun tempo.
Grazas o labor de rescate de Flocos.tv todos os galegos poden disfrutar dunha das xoias do seu patrimonio audiovisual.
Toda Galicia está de parabéns!

sábado, 16 de fevereiro de 2008

Eu quero ser o fodido Godard

Merda, non pode ser... O nivel e inmundicia está chagando aos poucos pelos que me coroan a cabeza... Vivir no Miño non pode ser un atranco para producir cousas. E ao día de hoxe menos. Coppola en "Heart of Darkness" comentaba de que estaba agardando a obra mesta e absoluta dunha nena gorda e con lentes que vivise no máis profundo do estado de Ohio. A verdade e que xa non son un neno, seica xa tería que facer algo aos 25 anos, como fixo Orson Welles con "Ciudadano Kane"... Mais agora xa só me queda a desolación... Agora x estou máis cerca do nihilismo de Godard. E quen é Godard? Godard é Deus! Que nos collan confesados!