terça-feira, 7 de abril de 2009
´36/75´ un proxecto de documental experimental de Xurxo González
Depois d´Os señores do vento´ Xurxo González fai un xiro rotundo na súa traxectoria e aborda a temática da memoria histórica na Guarda. Un proxecto co que se quere limpar as telas de arañas e o polvo do paso do tempo e volver a mirada cara os lugares esquecidos de grande significación durante os primeiros días da Guerra Civil na Guarda. Un filme influenciado directamente polo cineasta americano James Benning. Polo tanto atopámonos ante un documental contemplativo e matemático onde os números do título transcenden o seu significado máis obvio.
Segundo o autor: ”Isto é un bosquexo do que está por vir... Unha reflexión sobre a memoria histórica, sobre o presente, sobre o pasado, sobre a capacidade de recordar ou de esquecer, sobre a capacidade de sentir a angustia duns tempos difíciles, unha homenaxe, uns espazos, unhas duracións, uns números, unhas alusións, unha documentacións, unhas reflexións, unhas topografías... Un achegamento sobre os espazos do presente na Guarda e dos que ninguén se lembra por estar asulagados polo río do non-coñecemento”.
Xurxo González continúa: "Sei que pode ser un proxecto polémico mais todo vai estar moi contrastado e intentarase aportar o maior número de matices. Un proxecto no que colaboraran estudiosos locais como J.A. Uris Guisantes e Luis Cividanes".
A estrea de "36/75" está prevista para unha data con bastante significado como é o 18de xullo. Cun pouco de sorte poderase ver por primeira vez no Filminho!
Etiquetas:
a guarda,
Benning,
filminho,
Guerra Civil,
memoria,
Os señores do vento
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário