quinta-feira, 30 de outubro de 2008

Filmación na Guarda da curtametraxe ´Dies Dei´ de Nani Matos Barcia


Os dous primeiros fins de semana de novembro vaise filmar na Guarda a curtametraxe de ficción “Dies Dei, (Días de Deus)” dirixido por o guardés Nani Matos. A curtametraxe conta coa colaboración do Concello da Guarda e cunha axuda a creadores individuais da Consellaría de Cultura e Deporte.

O guión conta a historia dun matrimonio de vellos, Avelino e Teresa, afrontando distintos aspectos dos últimos anos da súas vidas. Un drama que transpira problemas sociais como é a situación dos nosos maiores: soiedade, enfermedades, coidados…

“Dies Dei” é un primeiro proxecto do camposino Nani Matos e nel van a colaborar distintos membros do equipo que son da Guarda, todos vencellados e profesionais do sector audiovisual, así como as empresas Clack Producións e Mandeo Records. No reparto existen rostros coñecidos pola televisión como son Mela Casal, Xan Cejudo, Camila Bossa, Susana Dans e Luis Iglesia entre outros. Neste proxecto colabora o Concello da Guarda, a Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e a Morraceira-Asociación Cultural.

quinta-feira, 2 de outubro de 2008

´Os señores do vento´ comeza a percorrer festivais de cinema


A curtametraxe “Os señores do vento”, dirixida por Xurxo González e producida pola Morraceira-Asociación Cultural comezou o seu itinerario por festivais. Vigo, A Coruña, Ourense e Fortaleza (Brasil), será as súas primeiras paradas.


Chacurro e José María, “Os señores do vento”, convértense así en embaixadores "especiais" do Concello da Guarda. O filme vai a concursar no Secuencia Cero de Vigo, na Mostra de Cine e Ciencia da Coruña, engrosará no Panorama Galicia do Festival Internacional de Cine de Ourense e, tamén, terá un oco na programación da Bienal de Fortaleza no Brasil.

Desta maneira A Picota, na Katanga, volverase nun actractivo turístico máis para A Guarda.

http://www.youtube.com/watch?v=owCyZApSHY4