quinta-feira, 2 de outubro de 2008

´Os señores do vento´ comeza a percorrer festivais de cinema


A curtametraxe “Os señores do vento”, dirixida por Xurxo González e producida pola Morraceira-Asociación Cultural comezou o seu itinerario por festivais. Vigo, A Coruña, Ourense e Fortaleza (Brasil), será as súas primeiras paradas.


Chacurro e José María, “Os señores do vento”, convértense así en embaixadores "especiais" do Concello da Guarda. O filme vai a concursar no Secuencia Cero de Vigo, na Mostra de Cine e Ciencia da Coruña, engrosará no Panorama Galicia do Festival Internacional de Cine de Ourense e, tamén, terá un oco na programación da Bienal de Fortaleza no Brasil.

Desta maneira A Picota, na Katanga, volverase nun actractivo turístico máis para A Guarda.

http://www.youtube.com/watch?v=owCyZApSHY4

1 comentário:

Anónimo disse...

A verdade e que a curta e bastante mala. Sinceramente o único que a salva son os protagoniistas que están moi ben. O son e a realización non chegan nin o aprobado (por ser bos)