A Morraceira ten como propósito principal a organización do Filminho, a festa do audiovisual galego e portugués. Un encontro necesario para ámbalas cinematografías que non poden vivir por máis tempo de costas e así o demostra o interese e apoio de institutucións como a Dirección Xeral da Xuventude, o Oficina Espazo Galiza- Portugal, a Axencia Audiovisual Galega, o Instituto do Cinema e do Audiovisual, a Universidade de Santiago de Compostela, Ponte nas Ondas,… Filminho quere defender o que ninguén defende destacando producións marxinais e linguaxes diferentes, é decir, filmes “non-reconciliados”. Mais non so haberá proxeccións senón tamén gravitará neses días moitas actividades formativas, de produción e festa mais tendo sempre omnipresente o marco, as singularidades dun territorio que vai alén do físico e aspira a documentar o simbólico. Continuando no eido do audiovisual, aparte do festival, tamén se aspira a organizar un banco de imaxes do patrimonio inmaterial galego-portugués, a consolidar actividades formativas nas escolas, convidar a creadores a filmar e aspirar a intentar atraer a producións cinematográficas importantes para que se sirvan dos escenarios do Miño.
quinta-feira, 14 de fevereiro de 2008
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário