terça-feira, 3 de fevereiro de 2009
Estrea de curtametraxe e presentación da web para impulsar o proxecto da longametraxe ´Setembro´
Se na pasada gala dos Goya o cinema español facíase eco das dificultades destes tempos de crise o audiovisual galego tampouco pode ser indemne a esta dinámica. Mais ante as complicacións imponse tempos de inventiva e creatividade mais non só nos resultados senón tamén no complicado proceso de produción. Así, no vindeiro venres, 6 de febreiro, ás 21h00, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, vai estrearse unha curtametraxe “5 pezas”, dirixida por J. M. Maneiro “Sepi”, que servirá para potenciar a realización da agardada longametraxe titulada “Setembro”.
A xornada do vindeiro venres pasará á historia como unha proposta orixinal e novedosa de promocionar e respaldar a realización dun produto audiovisual. En ningunha outra cinematografía do mundo deseñouse unha plataforma semellante para complementar e apoiar a materialización dun filme. Deste xeito o audiovisual galego por fin deixa de lado actitudes actitudes e procesos dependentes para encamiñarse cara propostas vangardistas e arriscadas onde os primeiros en crer nel e defendelo ante as inclemencias mercantís son os seus propios creadores.
“Setembro” é un proxecto cinematográfico dirixido por J. M. Bazarra que en fase de preprodución viuse sacudido polos tempos de crise. Apesares de que é un proxecto que atesoura apoio da administración e da crítica especializada sucumbiu ante a desconfianza que sacude ao sector bancario. Unha inestabilidade que lle restou facilitará a liquidez necesaria para que o proxecto chegara a bo porto.
Porén, a maior plusvalía deste proxecto é a extrema confianza por parte do equipo de técnico e artístico implicado no proxecto. Lonxe de desistir polo rumbo da economía mundial parte deste equipo de profesionais que aglutina “Setembro” teimou para que o proxecto non esmorecera e, así, con esta idea, planeouse unha serie de actividades que axudasen a unha nova inxección de inercia ao proxecto.
O vindeiro venres, 6 de febreiro, Santiago de Compostela vai a vivir unha xornada na que o inverno transformarase nun día de cálido “Setembro”. Desde o serán (18h00) organizarase unha serie de actividades que gravitarán arredor da estrea da curtametraxe “5 pezas” no Teatro Principal ás 21h00. Este filme servirá como precuela e bosquexo da longametraxe e do espírito de “Setembro”. Asemade tamén se presentará a web do filme no que se irán enchendo de contidos que permitirán aos internautas familiarizarse na amplo abano de personaxes que viven no filme. Por ende, toda esta xornada festiva completarase con happenings, petiscos, pasarrúas e concertos entorno ao local do Pedro Boteiro na rúa de San Pedro.
Estas convidado a pasar unha xornada de cinema!
info@setembro.es
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário