quinta-feira, 12 de fevereiro de 2009

III Certame de recolla da tradición oral galego-portuguesa organizado por Ponte...nas ondas!


A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas! en colaboración da Consellaría de Cultura e Deporte, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Delegação Regional e Cultura do Norte de Portugal e a Direção Regional de Educação do Norte convocan a terceira edición do Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-portuguesa. O prazo de entrega dos traballos rematará o 4 de xuño.

No interese de descubrirlle ás novas xeracións a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural Común preséntase unha nova edición deste certame. Unha convocatoria que ten a dupla finalidade; que este patrimonio forme parte da vida escolar e que o sistema educativo se involucre no rescate deste patrimonio.

O tema son os tesouros humanos vivos, persoas que posúen coñecementos, habilidades e técnicas necesarias para manter, divulgar e crear aspectos do patrimonio cultural inmaterial. Estes traballos poden ir encamiñados a recolla de tradicións e expresións orais, artes de espectáculo, usos sociais, coñecementos da natureza e técnicas artesanais.

Establécense cinco categorías: primaria-básica, secundaria, bacharelato, ensino profesional e universidade.. A recolla será en audio e video e terá que vir acompañada oportunamente coa ficha de inscrición.

Para máis información consultar as bases na seguinte ligazón:
http://www.pontenasondas.org/

Sem comentários: