Encontro de Asociacionismo Xuvenil Galicia – Norte de Portugal
Vila nova de Famalicão - Braga
(8, 9 e 10 de febreiro de 2008 )
A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convoca ás asociacións xuvenís interesadas para participar no encontro – mostra do asociacionismo xuvenil de Galicia e o Norte de Portugal
O encontro se realizará os día 8, 9 e 10 de Febreiro na localidade portuguesa de Vila Nova de Famalicão, no distrito de Braga.
Preténdese nesta mostra favorecer o encontro entre os mozos e mozas organizados de ambos lados da raia, de xeito que se podan intercambiar ideas, proxectos e actividades e ademais tecer novas redes que no futuro podan ter como froito actividades de carácter transfronteirizo.
Haberá momentos para a reflexión e o traballo conxunto e tamén o espazo necesario para que cada asociación poda expoñer as súa actividades e proxectos. O esquema de horario será máis ou menos o seguinte:
Venres/Sexta 8
-Tarde (a partir das 18:00):
Montaxe dos stands das asociación

-Noite:
Animación - Distensión
Animación - Distensión
Sábado 9
-Mañá:
Inauguración formal
Grupos de discusión
-Tarde:
Inauguración lúdica e festiva
Exposición e mostra
-Noite:
Animación - Distensión
Domingo 10:
-Mañá:
Grupos de discusión:
Conclusións
-Tarde
Exposición e mostra
Clausura (a partir das 18:00)
A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade quere apoiar este encontro facéndose cargo do aloxamento e manutención dos mozos e mozas das asociacións interesadas en participar nese encontro, (máximo 5 persoas por entidade) polo que cada quen buscará a forma de transporte para chegar ata o lugar de celebración do encontro.
As asociacións interesadas poderán presentar a folla de inscrición a través do correo electrónico beatriz.pais.comino@xunta.es ou na Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade Edif. Administrativo San Caetano s/n bloque 3- 1º 15781 Santiago de Compostela ou no fax 981 545 843
Sem comentários:
Enviar um comentário