quarta-feira, 25 de fevereiro de 2009

A Guarda dá a benvida ao MASAT!

Que é o MASAT? Que significa esta nova palabra? Pois esta palabra ten que converterse no futuro próximo en extremadamente familiar para calquera guardés que se precie e, asemade, coñecida alén da Guarda, non só en Galicia senón tamén en calquera recuncho da xeografía española. O MASAT é o proceso de personalización do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega. O día 24 de febreiro abriu as súas portas esta veterana institución que leva connosco moitos anos e que neste inverno sufriu algo máis que un lavado de cara senón a aplicación dun novo proxecto arqueolóxico chamado a marcar as directrices dos vindeiros anos non só da propia sede do museo senón todo o relativo ao Plan Director do Monte Santa Trega e da vida cultural da Guarda.

A verdade é que esta transformación produciuse non sen tempo. Tivo que darse a conxuntura adecuada para ver materializado unha idea que se botaba en falta desde fai anos. Por fin viuse o resultado da maridaxe entre o goberno local do Concello da Guarda, encabezado por Javier Crespo (Concelleiro de Patrimonio) e da Dirección Xeral de Patrimonio da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, baixo a sensibilidade de Felipe Arias.

A verdade é que o resultado das actuacións son altamente satisfactorias: singularización do nome, logo do museo, actuación no espazo do museo, deseño dun itinerario expositivo, grande traballo do deseño do espacio, eliminación da luz natural, boa iluminación artificial, depuración das pezas expositivas, aparición de audiovisuais… Un proxecto museístico moderno interesante do que, por fín, todos os veciños da Guarda poden sentirse orgullosos.

Mais todos estes elementos positivos non son quen de deixar de reflectir as carencias. Unha pena que o Plan Museístico do MASAT realizado pola empresa Trivium de Santiago de Compostela non fose máis incisiva en certos aspectos ou que se deixase aconsellar por estudiosos locais do Monte Santa Trega. Quizais o maior erro de todo é a falta de vontade divulgativa. Todo ficou nun espazo renovado grazas ao diseño mais que aínda necesitava outra “volta de rosca”.

Esta numeración de eivas hai que tomalas para que todas as institucións implicadas na salvaguarda do MASAT tomen medidas ao respecto nun futuro do que agardemos próximo. O máis grave dentro do punto de vista especializado son os erros cometidos na cronoloxía. Os distintos paneis informativos teñen datos errados, son confusos e empregan material escesivamente especializado para os visitantes neófitos. Hai certo material gráfico que se repite como os mapas, botando de menos algunha foto aérea ou de petrogligos. As mamparas centrais son mapas iluminados que conteñen pouca información e están demasiada altas para escolares, bótase de menos algunha maqueta. Ou mapas con algún tipo de interacción co visitantes. Os audiovisuales son demasiado austeros, a parte das imaxes necesitaba rótulos identificativos. E, o máis grave, quizais sexa a falta de presenza de microhistoria para comprender os modos de vida dos castrexos para que a cousa non ficase nunha acumulación de “pedras”.

A maiores tamén é necesario unha creación dunha comunidade de amigos do MASAT no que puideran estar tanto negocios hosteleiros como veciños da Guarda. Unha páxina web para ter presenza no espazo virtual. Unha maior difusión da marca ou imaxe coorporativa do museo. Creación de unidades didácticas para escolares. E o deseño e organización de visitas turísticas intentando relacionar o museo, co castro e a paisaxe.

Como vemos é moito o traballo que queda por facer, mais esta semana nada vai poder enturbiar a extraordinaria delicia que deben sentir todos os guardeses pola chegada do MASAT!

Xurxo González
Historiador da Arte

quinta-feira, 12 de fevereiro de 2009

III Certame de recolla da tradición oral galego-portuguesa organizado por Ponte...nas ondas!


A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas! en colaboración da Consellaría de Cultura e Deporte, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Delegação Regional e Cultura do Norte de Portugal e a Direção Regional de Educação do Norte convocan a terceira edición do Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-portuguesa. O prazo de entrega dos traballos rematará o 4 de xuño.

No interese de descubrirlle ás novas xeracións a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural Común preséntase unha nova edición deste certame. Unha convocatoria que ten a dupla finalidade; que este patrimonio forme parte da vida escolar e que o sistema educativo se involucre no rescate deste patrimonio.

O tema son os tesouros humanos vivos, persoas que posúen coñecementos, habilidades e técnicas necesarias para manter, divulgar e crear aspectos do patrimonio cultural inmaterial. Estes traballos poden ir encamiñados a recolla de tradicións e expresións orais, artes de espectáculo, usos sociais, coñecementos da natureza e técnicas artesanais.

Establécense cinco categorías: primaria-básica, secundaria, bacharelato, ensino profesional e universidade.. A recolla será en audio e video e terá que vir acompañada oportunamente coa ficha de inscrición.

Para máis información consultar as bases na seguinte ligazón:
http://www.pontenasondas.org/

sexta-feira, 6 de fevereiro de 2009

Onte presentouse á prensa a estrea de ´5 pezas´, curtametraxe-precuela de ´Setembro´


presentación de "5 pezas (setembro)" from lara bacelo on Vimeo.
O resultado deste esforzo sen cartos é unha curta gravada en alta definición que se estrea en pantalla grande o venres 6 de febreiro no Teatro Principal de Santiago. A gala, presentada polo actor Xosé Barato, comezará ás 21 horas e permitirá ver por vez primeira “5 pezas” que resumen o espírito de “Setembro”. Onte no Salón Verde do Concello de Santiago de Compostela tivo lugar o encontro cos medios do que podemos ver un estracto na rede.

quinta-feira, 5 de fevereiro de 2009

´Os señores do vento´, de Xurxo González, xiran imparábeis por toda Galiza


Tras o espectacular estrea internacional en Xenebra (Suíza), onde os galegos da diáspora pediron ata un segundo pase do filme, ´Os señores do vento´, a curtametraxe de Xurxo González, segue bulindo polas pantallas galegas en eventos cinematográficos de todo tipo. As seguintes paradas son no ´formación 09´ de Vedra e no ciclo de ´Inverno de cine´ de Ferrol.

A curtametraxe ´Os señores do vento´ está alcanzando unha traxectoria de exhibición máis que reseñable. Tras a súa tentativa internacional Chacurro e José María van a parar o sábado 14 de febreiro, ás 21h30, nas II xornadas de formación e mostra audiovisual formAción 09 do Concello de Vedra e o día 18 de febreiro, as 21h30, no cine Duplex de Ferrol, no ciclo de ´Inverno de cine´.

Eu por un vaso non vou se fora por unha botella....!!!!!

quarta-feira, 4 de fevereiro de 2009

Fórum de Criadores 2009


Cria à tua vontade!

Regulamento e Ficha de Inscrição

Galego | Português


Como fazer?

1

Lê atentamente o regulamento. Repara que os filmes devem ser produzidos no Minho ou, pelo menos, ter o Minho como tema.

2

Prepara o teu projecto. Preenche a Ficha de Inscrição e envia o material solicitado.

3

Aguarda até que o projecto seja seleccionado ou recebas uma resposta.

4

Vem ao Fórum de Criadores no Filminho 2009 e apresenta o teu projecto.

5

Se fores o vencedor, receberás um produtor para teres a tranquilidade que necessitas como criador, e receberás 2000 euros para arrancar o projecto. Faremos tudo para te dar as melhores condições.

6

Estreia o filme no Filminho 2010, onde conseguirás os contactos e a força para um novo projecto.



Regulamento para participar na 3ª Mostra de Teatro Amador do Minho


terça-feira, 3 de fevereiro de 2009

Estrea de curtametraxe e presentación da web para impulsar o proxecto da longametraxe ´Setembro´



Se na pasada gala dos Goya o cinema español facíase eco das dificultades destes tempos de crise o audiovisual galego tampouco pode ser indemne a esta dinámica. Mais ante as complicacións imponse tempos de inventiva e creatividade mais non só nos resultados senón tamén no complicado proceso de produción. Así, no vindeiro venres, 6 de febreiro, ás 21h00, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, vai estrearse unha curtametraxe “5 pezas”, dirixida por J. M. Maneiro “Sepi”, que servirá para potenciar a realización da agardada longametraxe titulada “Setembro”.

A xornada do vindeiro venres pasará á historia como unha proposta orixinal e novedosa de promocionar e respaldar a realización dun produto audiovisual. En ningunha outra cinematografía do mundo deseñouse unha plataforma semellante para complementar e apoiar a materialización dun filme. Deste xeito o audiovisual galego por fin deixa de lado actitudes actitudes e procesos dependentes para encamiñarse cara propostas vangardistas e arriscadas onde os primeiros en crer nel e defendelo ante as inclemencias mercantís son os seus propios creadores.

“Setembro” é un proxecto cinematográfico dirixido por J. M. Bazarra que en fase de preprodución viuse sacudido polos tempos de crise. Apesares de que é un proxecto que atesoura apoio da administración e da crítica especializada sucumbiu ante a desconfianza que sacude ao sector bancario. Unha inestabilidade que lle restou facilitará a liquidez necesaria para que o proxecto chegara a bo porto.

Porén, a maior plusvalía deste proxecto é a extrema confianza por parte do equipo de técnico e artístico implicado no proxecto. Lonxe de desistir polo rumbo da economía mundial parte deste equipo de profesionais que aglutina “Setembro” teimou para que o proxecto non esmorecera e, así, con esta idea, planeouse unha serie de actividades que axudasen a unha nova inxección de inercia ao proxecto.

O vindeiro venres, 6 de febreiro, Santiago de Compostela vai a vivir unha xornada na que o inverno transformarase nun día de cálido “Setembro”. Desde o serán (18h00) organizarase unha serie de actividades que gravitarán arredor da estrea da curtametraxe “5 pezas” no Teatro Principal ás 21h00. Este filme servirá como precuela e bosquexo da longametraxe e do espírito de “Setembro”. Asemade tamén se presentará a web do filme no que se irán enchendo de contidos que permitirán aos internautas familiarizarse na amplo abano de personaxes que viven no filme. Por ende, toda esta xornada festiva completarase con happenings, petiscos, pasarrúas e concertos entorno ao local do Pedro Boteiro na rúa de San Pedro.

Estas convidado a pasar unha xornada de cinema!

info@setembro.es