quinta-feira, 10 de janeiro de 2008

“Manuel e Elisa”: a poética do multicultor


Hai oportunidades que un ten na vida que o fan sentir como un privilexiado…
Hai proxectos audiovisuais que se ansían en sobremaneira… O filme Manuel e Elisa é un deses contentores de momentos especiais de dous heroes no ocaso da súa vida, unha senectude en medio das Georgicas. E así temos un documentario raro a medio camiño entre John Ford e Virxilio, pasando por David Lynch.
Entre estreitas carreteras, entre pistas e camiños, O Trinta desliza o seu pequeño tractor entra as leiras minhotas. Un filósofo entre piñeiros... O cheiro dunha fogueira de canhotos de berzas... Un documentario que respira Miño. O escenario é o rosal máis o telón é Portugal, concretamente o "boderline" impresionante e totémico da Serra da Arga.
O filme estase ultimando e percorrerá un longo camiño por festivais… Pode que asente por algún ecran minhoto… Vai ser unha festa… Seguro!

2 comentários:

André disse...

Já passei por esse caminho! Mas não de tractor... Infelizmente, não tenho tractor...

Fico ansioso por ver o filme.

Sam disse...

Fiquei também curioso polo filme. Uma mistura de David Lynch com eiras e beiras só poderá ser interessante!