quarta-feira, 27 de maio de 2009

Tino Baz e Xurxo González presentarán a´Os señores do vento no corazón da Coruña


O vindeiro venres, ás 20h30 da noite, na Casa das Atochas da cidade da Coruña vai ter lugar unha actividade cultural con plena identidade guardesa. A capital herculina vai ser testemuña dun espectáculo interdisciplinar que xirará en torno a figura d´Os señores do vento”. Vídeo e música misturaránse nun espectáculo multidisciplinar que terá como fondo a idiosincrasia guardesa.

O acto consistirá na presentación da famosa curtametraxe “Os señores do vento”, de Xurxo González, o pase da mesma e a estrea da canción composta por Tino Baz sobre os seus protagonistas. Despois dunha pequena conversa sobre o Chacurro e o José María darase paso ao concerto de Tino Baz no que haberá sorpresas audiovisuais apoiando algunhas das súas composicións.

Unha vez máis a produción cultural guardesa manifesta a súa capacidade e variedade creativa con temáticas que sobrepasan localismos e que son capaz de proxectarse alén do Terroso.

Sem comentários: