quarta-feira, 28 de janeiro de 2009

Apresenta-se a 3ª Mosta de Teatro Amador do Minho


Será celebrada nas vilas da Guarda e Goiám nos dias 24,25 e 26 de Abril.

Fotos do Hortensia ao seu paso pola Guarda





Fai uns días pasou a tormenta extra-tropical Klaus. Os datos científicos (climatolóxicos) din que foi máis potente que o Hortensia, un furacán vido a menos que asolou Galiza fai máis de vintecinco anos.
Volmemos a vista atrás... Para min sempre terei no recordo as imaxes do Hortensia. O seu poder destructivo foi maior mais esta circunstancia, sobre todo, foi debido as deficiencias das infraestructuras de entón. Mais tamén pola mentalidade fervente dun adolescente que contemplou, ao lado do fotógrafo, a inmensidade e a agresividade dun fenómeno da natureza. O home comprendeu a súa insinificancia!
Mais nestas fotos hai sedimentos da memoria, da incerteza, dos ventos bestiais, das ondas de máis de 9 metros, da auga entrando por portas e fiestras das casas...
O Hortensia ficou na memoria o Klaus será un máis que engrosará listaxes máis que pasará sen pena nin gloria polo noroeste peninsular.

segunda-feira, 26 de janeiro de 2009

Estrea internacional d´Os señores do vento´ na Sociedade A Nosa Galiza de Xenebra en Suíza


O Chacurro e o José María están a piques de emprender unha xeira internacional que os levará a depositar a súa sabiduría eólica aos pes dos Alpes. Os días 30 e 31 de xaneiro e 1 de febreiro vai ter lugar un ciclo de curtametraxes documentais galegas. Este evento vai ter lugar na Sociedade A Nosa Galiza en Xenebra, Suíza. Un ciclo organizado por Manuel Álvarez e a Morraceira-Asociación Cultural en colaboiración coa Axencia Audiovisual Galega e onde ´Os señores do vento´, curtametraxe de Xurxo González, vai a ter un protagonismo especial.

Dentro desta produción de curtametraxes destaca, en sobre maneira, os documentais. Unha forma fílmica flexíbel na que se pode dar liberdade a súa manipulación. Este ciclo está organizado en tres sesións no que se agrupan distintos filmes segundo o grado de acuse de extrañeza das miradas.

Tras a conferencia e a presentación d´Os señores do vento”, de Xurxo González, asistirase a unha primeira sesión no que serán protagonistas as “Paseos”; o sorprendente falso-documental de “Cousas do Kulechov”, de Susana Rey, e a polífonías por Galicia en “Paris # 1”, de Oliver Laxe.

Nos “Documentais de creación”, nos que se alteran vertos códigos de narración, atopámonos un poema á pedra en “Longo sendeiro de pedra” de Pablo Millán, coa incursión na Memoria histórica d´A guerra dos avós”, de Oscar Galansky, a desmitificación realizada por Lara Bacelo do showman galego “John Ballan, detrás da porta” e a procura do cineasta amadorista Jóse Enrique Diaz Noriega en “JEDN”, de Marcos Nine.

E, por último, a sesión destinada aos documentais de “difusión cultural” debido ao interese dos seus contidos, saberemos do Couto Mixto pola “República dos soños”, de Isabel Martínez, asistiremos a escenificación de mariñeiros en Laxe durante a celebración da Virxe do Carmo en “Naufraxio” de Daniel López, coñeceremos ao Chino Antonio en “Mundo Bazar”, de Sabela Pernas, e, por último visitaremos o mundo dos curros en “Ferro ardendo”, de Jorge Saavedra.

VENRES, 30 DE XANEIRO
19h00 Presentación do ciclo
19h10 Charla: “O audiovisual galego: problemáticas, anécdotas e estados de ánimo”. Xurxo González
19h40 Os señores do vento, (2008), de Xurxo González (12´)

20h30 Sesión I (Paseos) (56´)
Cousas do Kulechov (2006), de Susana Rey, (21´)
París # 1 (2008), de Oliver Laxe, (35´)

SÁBADO, 31 DE XANEIRO
20h30 Sesión II (Documentais de creación) (73´)
Longo sendeiro de pedra (2006), de Pablo Millán (17´)
A guerra dos avós (2007), de Oscar Galansky (25´)
John Ballan, detrás da porta (2008), de Lara Bacelo (15´)
JEDN (2006), de Marcos Nine (16´)

DOMINGO, 1 DE FEBREIRO (71´)
17h30 Sesión III (Documentais de difusión cultural) (64´)
A república dos soños (2007), Isabel Martínez (17´)
Naufraxio (2008), Daniel López (18´)
Mundo bazar (2006), Sabela Pernas (12´)
Ferro ardendo (2008), Jorge Saavedra (18´)

quarta-feira, 21 de janeiro de 2009

Apuntando ao Filminho 2009!





Aí van imaxes para o 2009!

segunda-feira, 19 de janeiro de 2009

Aniversário da Morraceira

Senhores e Senhoras, a associação que dá pelo nome de Morraceira fez no passado dia 17 um ano de existência, ou melhor, fez um ano contado desde o seu primeiro baptismo legal, que outros depois houve, e nisto de legalidades nunca se cansam os Estados de nos baptizar, sejamos pessoas colectivas ou individuais.

Um ano em idade associativa é já cousa que se veja. Como ilha fluvial que é dir-se-ia que já é pelo menos um banco de areia a despontar no Minho. Não é suficiente para construir a sede, mas lá chegaremos! Pelas dificuldades que atravessou e pelas que ultrapassou, é já bem menos virgem do que era no início, e pelas experimentações em que anda metida, não tardará a ser desflorada. Pois que seja em época de lampreia, para que se arme jantarada!

E assim andam as coisas e os ciclos da vida nelas metidos. Calha às vezes ser para fazer festivais de cinema, outras apenas para aprender a escrever em tábuas de queijo, mas qualquer que seja a investidura sempre a Morraceira lhe saberá dar o melhor caminho.

Bem haja!


quinta-feira, 15 de janeiro de 2009

O clásico miñoto ´A romería da morte´, de Alberto Estévez Piña, en Flocos.tv


O pasado xullo no Filminho viu a luz a película ´A romería da morte´, do cineasta de Tui, Alberto Estévez Piña. Facía tempo que ficaba esquencida mais a película pasou polo programa de Memoria do Século XX da Consellaría de Cultura e Deporte e agora temos unha versión dixitalizada. Un patrimonio do que xa poden disfrutar todos os Galegos.
Apesares dos problemas de son Flocos.tv decidiuse a rescatar e por en coñecemento público esta peza fundamental na Historia do Cinema galego. Un filme que transcende a súa materialidade é posúe significados alén da súa contrucción fílmica.
No Filminho houbo unha presentación do Historiador do Cinema Julio Pérez Perucha, Presendente da Asociación Española de Historiadores del Cine, e nela relatou as distintas peculiaridades que agochaba a cinta. Situou o filme e á película no seu difícil contexto tanto político como artístico. Contou as peculiaridades da súa difícil concreción e tamén foi cronista do efecto causado nas súas distintas proxeccións en festivais.
N´A romería da morte´ atopamos un deses proxectos cinematográficos no que se enxerga das distintas peculiaridades locais para tratalas e albiscar conceptos cheos de significación. Mois poucas veces o audiovisual galego foi capaz de aprisionar con sentido o espíritu dun pobo e o dun tempo.
Grazas o labor de rescate de Flocos.tv todos os galegos poden disfrutar dunha das xoias do seu patrimonio audiovisual.
Toda Galicia está de parabéns!

quarta-feira, 14 de janeiro de 2009

Estrea d´O cazador´, de Ángel Santos, en Pontevedra


O vindeiro xoves, 15 de xaneiro, vai ter lugar, ás 21h00, no Teatro Principal de Pontevedra, a estrea da curtametraxe ´O cazador´, de Ángel Santos e producida por Matriuska Producións. Este proxecto recibiu unha axuda da Consellaría de Cultura e Deporte.

´O cazador´ foi un dos proxectos máis sorprendentes presentados ás axudas a curtametraxes realizados por creadores individuais da consellaría de Cultura e Deporte. Esta singularidade se debe sobre todo polo risco da proposta totalmente ao marxe do que se fai en Galicia. Un filme con grande excelencia fílmica porque afónda na médula da propia representación artística.

A pesar deste acopio artístico non foi quen de facerse un oco nin entre os festivais nin entre o público, máis que nada porque ao non estar nos primeiros impidiulle o aceso ao segundo. A pesar disto este filme tivo algún que outro recoñecemento; foi a gañadora absoluta do Filminho e tivo unha excelente acollida crítica.

Este filme é un salto de madurez sin precedentes na historia do audiovisual galego, unha senda por explorar que pode repercutir con novos éxitos. Ángel Santos convértese así nun dos valores máis destacados do audiovisual galego e xa está embarcado no seu próximo proxecto: a longametraxe que leva por título ´Dous fragmentos/Eva´.

quarta-feira, 7 de janeiro de 2009

Os filmes premiados no Filminho 2008 atópanse dentro das mellores curtametraxes españolas do ano segundo Cahiers du Cinema-España


No número de xaneiro da revista Cahiers du Cinema-España acaba de facer unha escolma das mellores curtametraxes españolas. Entre os filmes reseñados están os dous filmes que resultaron gañadores no Filminho, na Festa do Audiovisual Galego e Portugués, concretamente “O cazador”, de Angel Santos e “París # 1”, de Oliver Laxe. O artigo “Diagnóstico del cortometraje español” esta asinado polos críticos de cinema Carlos Reviriego, Gonzalo de Pedro e Jara Yáñez.

O ano 2008 no audiovisual galego houbo unha especial converxencia no Filminho, na Festa do Audiovisual Galego e Portugués celebrado conxuntamente entre Vila Nova de Cerveira e Goián. A edición do 2008 rachou coas suposicións e estigmas sobre as cinematografías do occidente peninsular. Un encontro no que se viu o despuntar de dous cineastas chamados a servir de refente no futuro próximo do audiovisual galego: Ángel Santos e Oliver Laxe.

Segundo o nº 19 da revista Cahiers du Cinema-España (pp. 66-68) “O cazador de Angel Santos, se abre en canal y pode al descubierto el entramado de una adaptación a la pantalla del relato homónimo de Chéjov, desde su lectura a su representación, en un sobrio ejercicio de invención creativa que bajo su aparente sencillez oculta varias capas de lectura. Así, esta pequeña joya atrapa las fases de transformación de una historia desde que es papel hasta que es imagen”.

Mentres da de Laxe se di: “”El empeño del documental en desintegrarse e impregnar (o impregnarse de) otras formas cinematográficas, lo hacen evidente trabajos más extremos, como Paris # 1, de Oliver Laxe, que recurre al rodaje en 16 mm como camino para una particular arqueología experimental sobre el tiempo y el paisaje gallego amenazado por la escura sombra del fuego devastador”.

O Filminho viu conseguido os obxectivos da súa primeira edición, por un lado servir de encontro entre o audiovisual galego e portugués e, por outro, dar a coñecer novos talentos do audiovisual e obras arriscadas artisticamente afastadas dos convencionalismos e concesións. O segundo punto da súa proposta viuse totalmente avalado e ratificado con esta consideración crítica.

A organización do Filminho tamén quere amosar a súa decepción ante o escaso apoio que recibiron estas obras e os seus autores de outros eventos cinematográficos, medios, institucións e público galego en xeral ao non facerse eco das excelencias destas producións que puxeron a Galiza na vangarda do estado español.

Segundo o seu programador galego do festival, Xurxo González: “As obras de Santos e Laxe son os piares de talento máis representativos da historia do cinema galego. Estes directores, como algún outro (Peque Varela, Alberte Pagán, Lara Bacelo), teñen que atopar urxentemente un oco dentro do audiovisual galego, porque nas máns desta xente ao audiovisual galego vaille a vida”.

Este próximo venres ´Os señores do vento´ no CGAI

Este vindeiro venres, día 9 de xaneiro, no CGAI (Durán Loriga, 10), vai ter lugar a proxección da curtametraxe documental ´Os señores do vento´. O seu indigno realizador, Xurxo González, fará unha pequena presentación da mesma e logo poderá ser acribillado a preguntas.
Co visionado d´Os señores do vento´, os habitantes da cidade herculina poderán ser partícipes sobre as teorías da enerxía eólica que protagonizan Chacurro e José María.
Que Touriño e Quintana tomen nota para o Plan Eólico!!!!