quarta-feira, 14 de janeiro de 2009

Estrea d´O cazador´, de Ángel Santos, en Pontevedra


O vindeiro xoves, 15 de xaneiro, vai ter lugar, ás 21h00, no Teatro Principal de Pontevedra, a estrea da curtametraxe ´O cazador´, de Ángel Santos e producida por Matriuska Producións. Este proxecto recibiu unha axuda da Consellaría de Cultura e Deporte.

´O cazador´ foi un dos proxectos máis sorprendentes presentados ás axudas a curtametraxes realizados por creadores individuais da consellaría de Cultura e Deporte. Esta singularidade se debe sobre todo polo risco da proposta totalmente ao marxe do que se fai en Galicia. Un filme con grande excelencia fílmica porque afónda na médula da propia representación artística.

A pesar deste acopio artístico non foi quen de facerse un oco nin entre os festivais nin entre o público, máis que nada porque ao non estar nos primeiros impidiulle o aceso ao segundo. A pesar disto este filme tivo algún que outro recoñecemento; foi a gañadora absoluta do Filminho e tivo unha excelente acollida crítica.

Este filme é un salto de madurez sin precedentes na historia do audiovisual galego, unha senda por explorar que pode repercutir con novos éxitos. Ángel Santos convértese así nun dos valores máis destacados do audiovisual galego e xa está embarcado no seu próximo proxecto: a longametraxe que leva por título ´Dous fragmentos/Eva´.

Sem comentários: