sexta-feira, 26 de dezembro de 2008

O CGAI programará en xaneiro “Os señores do vento”, de Xurxo González


Parece que “Os señores do vento” repuntan co inicio do ano. O día 9 de xaneiro, venres, ás 23h00 proxectarase a curtametraxe de Xurxo González no Centro Galego das Artes da Imaxe na Coruña, dentro da sección “Fóra de serie”.

Desta maneira, o Chacurro e o José María ilustrarán á cidade herculina que alternativas hai ao controvertido Plan Eólico que quere aprobar a Xunta de Galicia.

Lástima que xa non esté Paco Vázquez para instalar as botellas da Katanga por Monte Alto!

Sem comentários: