quarta-feira, 17 de dezembro de 2008

´Os señores do vento´ teñen como próximas paradas: Ferrol e Petín



O itinerario d´Os señores do vento´ continúa. Achéganse estas datas do Nadal e a curtametraxe vaise poder ver na VIII Mostra de Curtametraxes do Ateneo de Ferrol o día 23 de decembro, ás 18h00, e na edición do 2008 de Petín, un pobo de cine, o 27 de decembro, ás 17h00.
Segundo sople o nortón ou a sulada a curtametraxe dirixida por Xurxo González xira sen parar por distintas localidades de Galicia. Tamén se vai poder ver dentro do circuíto dos Cinemas Dixitais da Axencia Audiovisual Galega, concretamente nos concellos que programen o disco 4, ´Obxetos persoais´, dedicado ás biografías.
Así, tanto Chacurro e José María continúan a súa andaina amosando a súa instalación de botellas desafiando ao vento. Mais, de seguro, non será a última vez que escoitemos falar da difusión das súas aventuras.

Sem comentários: