segunda-feira, 22 de dezembro de 2008
"Os señores do vento", de Xurxo González, proxectarase no CGAC dentro dun ciclo de documentais de creación
A cousa non podía ser doutra maneira, a experiencia artística máis enxebre dos últimos anos na Guarda vai ser acollida dentro das paredes do Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago de Compostela. Chacurro e José María alcanzan así cotas de recoñecemento parecido aos grandes artistas do arte contemporáneo que intentan a transmisión estética mediante a transformación da paisaxe, o que na Historia da Arte se da en chamar Land Art.
O sábado 17 de xaneiro dentro dunha sesión de curtametraxes de documentais de creación Os señores do vento, dirixida por Xurxo González, vai ter o privilexio de pechar a sesión eo ciclo que se vai a extender durante esa semana con sesións ás 19h30.
Desta maneira, Chacurro e José María confírmanse como seguidores galaicos de artistas de talla mundial na disciplina como Robert Smihtson, Richard Long, Walter de Maria ou Christo.
A programación completa do ciclo está composta por:
Martes, 13 xaneiro
-El almuerzo del poeta, Mario Iglesias (85´)
mércores, 14 xaneiro
-Manuel e Elisa, Manuel Fernández Valdés (85´)
Xoves, 15 xaneiro
-Eloxio da distancia, Felipe Vega (90´)
Venres, 16 xaneiro
-Flores tristes, Manuel Abad (110´)
Sábado, 17 xaneiro
-Paris # 1, Oliver Laxe (35´)
-Pó de estrelas, Alberte Pagán (24´)
-Bata por fora, Claudia Brenlla (16´)
-John Ballan, detrás da porta, Lara Bacelo (15´)
-Os señores do vento, Xurxo González (11´)
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário