sexta-feira, 5 de dezembro de 2008

Xurxo González escribe na prestixiosa revista de cinema Cahiers du Cinéma


No número de decembro da revista Cahiers du Cinéma-España, o número 18, está dedicado ao centenario de Manoel de Oliveira. Para colaborar nel contouse coa participación do guardés Xurxo González, un dos máximos expertos españois na filmografía do director portugués. Concretamente o artigo que escribiu titúlase “Espejos mágicos” no que procede a analizar os conceptos máis determinantes do estilo de Oliveira aproveitando, ao mesmo tempo, para repasar os títulos máis destacados da súa filmografía.

O investigador Guarda alcanza así, un dos máximos logros ao que pode aspirar calquera historiador do cinema que é o de ser partícipe da traxectoria dunha das publicacións dedicadas ao cinema máis prestixiosa do mundo. Cahiers du Cinéma é unha revista que xurdiu en Francia a mediados dos anos 50 e que amparou as derivacións teóricas de directores que conformarían a chamada Nouvelle Vague (Godard, Truffaut, Rohmer, Malle, Chabrol). Fai ano e medio a revista fixo unha filial en España para chegar ao público latinoamericano.

No último número da revista do ano 2008 Cahiers du Cinéma dedícalle un “especial” a Manoel de Oliveira coincidindo coa celebración do seu centenario (11 de decembro de 1908). Xurxo González encárgase de escribir cinco das 28 nas que se extende o dossier.

Xurxo González xa ven arrastrando desde fai tempo unha serie de publicacións, artigos e conferencias sobre o cineasta portugués, mais aínda persiste en realizar o traballo definitivo sobre o cineasta, unha monografía completa que faga xustiza a complexidade do director luso. Mais ata que remate esta ardua tarefa Xurxo González proporciónanos pequenos ensaios que serven para celebrar o século de vida de Manoel de Oliveira e indicacións para achegarnos como público ao seu legado: os seus filmes.

Sem comentários: