segunda-feira, 8 de dezembro de 2008

´Os señores do vento´, de Xurxo González, pódese ver con calidade en flocos.tv


A Axencia Audiovisual Galega puxo en funcionamento Flocos.tv, un portal en internet onde se pode visionar totalmente de balde produción audiovisual galega, sobre todo, nun primeiro momento, curtametraxes. Dentro da sección de documentais atópase ´Os señores do vento´, de Xurxo González.

Se queres “mirar” ao Chacurro e ao José María máis grande que nunca no teu ordenador, non dubides en conectarte a flocos.tv. Agora pódese ver Os señores do vento cunha pantalla moi grande e con elevada resolución.

Nunca as botellas penduradas na Katanga polos “Señores do vento” bourearon con tanta forza!

1 comentário:

o pArAsiTo disse...

Olas Xurxo. Gracias por me pór de amigo no flocos. Para mín é un gusto, non te conhezo de nada nen tenho conhecementos no eido do audiovisual pero adoro a dos senhores do vento xa dende que a mirara na rede (non lembro onde) penso que hai ún ou dous meses. Noraboa, xa lles gostaria a moitos 'eruditos' chegar a comunicar do xeito que fás na túa curta. A todo esto, penso que o flocos é un inventazo. Colegas meus que non eran de mirar vídeos na rede están escomezando a facelo por flocos. Nen sabian da producción audiovisual autóctona. Encantado e vémonos nel.
eU, o parásito